Dicionario
Ver exemplos
Ver marcas expandidas
Busca preditiva
Axuda na busca avanzada
A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.
De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:
Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.
Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.
Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.
Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.
A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.
Resultados ()
Número de resultados máximo 500, refina a túa busca.
Non se atoparon resultados nesta busca.
Este termo non se encontra no dicionario.
Non existen sinónimos para esta palabra.
Prema aquí para volver á busca anterior.
baixa substantivo feminino1 Feito de diminuír unha cousa de nivel, de prezo etc. Produciuse unha gran baixa nas operacións de bolsa. ANTÓNIMOS alza, aumento, incremento A baixa das temperaturas. SINÓNIMOS baixada, descenso, diminución ANTÓNIMOS ascensión, ascenso, suba, subida Comentou a baixa na calidade do sistema educativo. SINÓNIMO redución ANTÓNIMOS aumento, incremento, suba2 Acción de levar para un lugar máis baixo. Participou na baixa das bestas do monte. SINÓNIMO baixada3 Parte máis baixa dun territorio. Anda pola baixa de Bergantiños.4 Feito de deixar de pertencer, voluntariamente ou non, a un grupo, unha asociación etc. Producíronse varias baixas importantes no equipo. ANTÓNIMO alta5 Cesamento da actividade dun traballador. Baixa por maternidade.6 Documento que autoriza este cesamento. Foi ao médico recoller a baixa.7 Milicia Persoa que se perde para o combate durante unha acción militar. O exército inimigo tivo moitas baixas. FRASES E EXPRESIÓNS CON baixa Dar de baixa Facer que alguén deixe de pertencer temporal ou definitivamente a un corpo, asociación etc. Dérono de baixa na empresa por enfermidade. ANTÓNIMO dar de alta Darse de baixa Deixar de pertencer temporal ou definitivamente a un corpo, asociación etc. Deime de baixa no partido. ANTÓNIMO darse de alta Xogar á baixa Economía Operación mercantil ou bolsista que se efectúa prevendo un descenso nos prezos ou cotizacións. Os investidores xogan á baixa. baixo (feminino: baixa) adxectivo1 Que ten pouca altura. Un home baixo. ANTÓNIMOS alto1, grande2 Que está a pouca distancia do chan. A néboa estaba tan baixa que non se vía nada. Hai que podar as pólas baixas das árbores. ANTÓNIMOS alto1, elevado Tamén adverbio O avión voaba moi baixo. ANTÓNIMOS alto1, arriba3 Da ribeira do mar ou do río. Cultivaban as terras baixas. ANTÓNIMO alto14 Que ten un nivel ou cantidade inferiores ao ordinario. Con marea baixa quedaba ao descuberto unha grande extensión de praia. As temperaturas están moi baixas. Mercou unha casa por un prezo moi baixo. ANTÓNIMOS alto1, elevado5 Dirixido cara ao chan. Coa cabeza baixa. Cos ollos baixos. ANTÓNIMO alto16 Pouco intenso. Sempre fala en voz baixa. Tamén adverbio Non berres tanto e fala máis baixo. ANTÓNIMO alto17 [Voz, instrumento] de rexistro grave. Posúe unha voz poderosa e solemne, capaz de acadar as notas máis baixas. ANTÓNIMO agudo Trombón baixo. Clarinete baixo.8 Inferior en importancia, categoría, rango ou calidade. Baixo clero. É unha persoa de baixa condición. ANTÓNIMOS alto1, elevado9 [Cousa] pouco nobre. Baixos instintos.10 [Parte dun río] próxima á foz ou esteiro. OBSERVACIÓNS: Colócase, xeralmente, diante do substantivo ao que acompaña Navegamos polo baixo Ulla. ANTÓNIMO alto111 [Parte dun período de tempo ou proceso] próximo ao final. OBSERVACIÓNS: Colócase, xeralmente, diante do substantivo ao que acompaña A Baixa Idade Media. Documentos en baixo latín. ANTÓNIMO alto112 [Estación, temporada turística] en que hai menos afluencia de xente. Fíxate, é temporada baixa e mais hai xente. ANTÓNIMO alto113 [Festa movible] que coincide cedo. A Semana Santa caeu baixa. ANTÓNIMO alto1 substantivo masculino14 Parte inferior de certa cousa. Descoséuselle o pantalón polos baixos.15 Local que está a nivel da rúa. Comprou un baixo para montar un negocio. Tamén adxectivo Planta baixa.16 Lugar onde a auga ten pouca profundidade e poden encallar os barcos. As costas con moitos baixos son perigosas para a navegación. SINÓNIMO baixío17 Música Voz masculina máis grave. OBSERVACIÓNS: Úsase frecuentemente na expresión voz de baixo Unha fermosa voz de baixo.18 Música Cantante que ten esa voz. O baixo non estaba á altura da soprano.19 Música Instrumento musical que produce o son máis grave. O baixo marcaba o ritmo da peza. O roncón serve de baixo continuo.20 Música Guitarra eléctrica de catro cordas que ten o rexistro máis grave. Toca o baixo nun grupo de rock.21 Música Persoa que toca o baixo. No seu último disco conta coa colaboración dun prestixioso baixo. SINÓNIMO baixista preposición22 Indica un lugar inferior. O gato está baixo a mesa. Está esperando baixo a ventá. SINÓNIMOS baixo de, debaixo de, so CONFRÓNTESE debaixo, embaixo23 Indica o tempo en que algo sucedeu. O descubrimento de América tivo lugar baixo o mandato dos Reis Católicos. SINÓNIMOS durante, so24 Indica que unha persoa ou cousa depende doutra ou está influenciada por ela. Está baixo os efectos dunha emoción moi forte. As pólas da árbore dobrábanse baixo o peso do froito.25 Por debaixo dunha cantidade ou un nivel. O termómetro marcaba dous graos baixo cero.26 Indica aquilo que se utiliza para algo. Publicou o artigo baixo pseudónimo. FRASES E EXPRESIÓNS CON baixo Baixo de locución preposicional Indica lugar inferior. Gardou a maleta baixo da cama. SINÓNIMOS debaixo de, so ANTÓNIMOS cima de, encima de, encol de, enriba de Baixo chave VÉXASE chave Monte baixo VÉXASE monte
Antes e despois de
Sobre o dicionario da Real Academia Galega
Este dicionario establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Aquí poderás atopar a ortografía normalizada de case 60.000 artigos lexicográficos e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua.
Actualizacións
O Seminario de Lexicografía da RAG actualiza de maneira continuada este dicionario para achegar un coñecemento máis preciso do léxico. As novas voces e modificacións pódense consultar na pestana de Actualizacións do menú superior.
Información
Escoita a pronuncia das palabras, consulta a conxugación de todos os verbos e descubre as características gramaticais de cada unha das entradas do dicionario (categoría, xénero, réxime verbal, fraseoloxía etc.)
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
González González, M. (dir.): Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/dicionario> [Consultado: <data>]
Conxugación do verbo: