Mil son eu tan só, tan soa
Simposio Luísa Villalta
19, 20 e 21 de novembro - 17:00 h
Dicionario
Ver exemplos
Ver marcas expandidas
Busca preditiva
Axuda na busca avanzada
A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.
De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:
Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.
Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.
Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.
Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.
A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.
Resultados ()
Número de resultados máximo 500, refina a túa busca.
Non se atoparon resultados nesta busca.
Este termo non se encontra no dicionario.
Non existen sinónimos para esta palabra.
Prema aquí para volver á busca anterior.
terra substantivo feminino1 Planeta do sistema solar, terceiro en proximidade ao Sol, que xira arredor deste e arredor de si mesmo e sobre o que existe vida. OBSERVACIÓNS: Nesta acepción escríbese con maiúscula A Terra está situada entre Venus e Marte.2 Parte sólida da superficie da Terra que non está cuberta polo mar. As illas son extensións de terra rodeadas de auga. A terra ocupa unha cuarta parte do planeta. Viaxes por mar e por terra.3 Extensión máis ou menos grande e delimitada da parte sólida da codia terrestre, considerada desde unha perspectiva xeográfica, social, afectiva etc. As terras virxes do continente. Esta éche terra de xente brava. Tiña oído falar dunha terra de xigantes.4 Material sólido formado por partículas provenientes da erosión da codia terrestre e da descomposición das materias orgánicas, que pode ser de moi diversas calidades e texturas. O monocultivo empobrece a terra. SINÓNIMO solo1 A terra estéril do deserto. Unha terra rica en nitróxeno. O chan da bodega é de terra pisada.5 Solo, piso. En canto oíron os disparos botaron o corpo a terra.6 Extensión delimitada da superficie terrestre, en tanto que é obxecto de propiedade e está ou é susceptible de estar dedicada a unha certa actividade. OBSERVACIÓNS: Emprégase frecuentemente en plural Herdou algunhas terras de súa nai, que agora están ermas. Véndese casa cunha pequena terra. A maior parte das terras da veiga están dedicadas á agricultura. As terras do conde chegaban deica o mar. SINÓNIMO terreo7 Territorio de onde unha persoa é natural. Disque os galegos temos morriña cando estamos lonxe da nosa terra.8 Electricidade Punto dun circuíto eléctrico con potencial próximo a cero. Este é o cable de conexión á terra.9 Relixión Lugar onde o ser humano pasa a súa vida material. A terra e o ceo. FRASES E EXPRESIÓNS CON terra Botar por terra 1 Derrubar algo ou a alguén tirándoo ao chan. Dun golpe botouno por terra. SINÓNIMOS abater, derribar, derrubar, tirar por terra A construtora tiña permiso para botar por terra o vello edificio. SINÓNIMOS demoler, derribar, derrubar, derruír, tirar por terra 2 Arruinar unha idea, un proxecto etc. frustrándoo. Aínda que traballou incansablemente nese proxecto, acabaron botándollo por terra. SINÓNIMO tirar por terra Da terra Do país. Viño da terra. Dar terra popular Sepultar, enterrar. Xa me querían dar terra, pero aínda estou aquí para contalo. Poñer terra por medio coloquial Marchar ou ausentarse dun lugar para evitar unha situación temida ou comprometida. Ante a insostible situación familiar, decidiu poñer terra por medio. Por terra Por vía terrestre, e non por mar ou por aire. Prefire as viaxes por terra, por iso habitualmente desprázase en tren. Quedar en terra Perder un medio de transporte. Foise o autobús e nós quedamos en terra. Ter (poñer) os pés na terra VÉXASE pé Terra de labor Terreo dedicado á agricultura. Prepararon as terras de labor para a sementeira. SINÓNIMO terra de labranza Terra de labranza Terra de labor. Xa non traballan as terras de labranza que eran de seu. Terra de ninguén 1 Milicia Territorio, aínda sen ocupar, que se atopa entre as primeiras liñas de dúas frontes inimigas. Os exércitos avanzaban pola terra de ninguén. 2 figurado Territorio que non pertence a ninguén. Eu deixaría ese asunto, estaste metendo en terra de ninguén. Terra de promisión Terra prometida. Na Terra de Promisión manaba leite e mel. O aventureiro ansiaba chegar a unha terra de promisión. Terra firme O continente, a terra, por oposición ao mar ou ao aire. Tras tres meses de navegación pisaron terra firme. Terra natal Terra onde alguén naceu. Visitou a súa terra natal. Terra prometida 1 Terra de Canaán que Deus prometeu ao pobo hebreo. OBSERVACIÓNS: Nesta acepción, adoita escribirse en maiúscula Moisés conduciu os israelitas á Terra Prometida. SINÓNIMO terra de promisión 2 por extensión Terra moi fértil, que se desexa ou se espera posuír. Viaxaron ata alí coa idea de atopar a terra prometida. 3 figurado Situación de prosperidade ou de felicidade á que se desexa chegar. Alcanzar a terra prometida. Terra Santa Territorio de Palestina onde naceu, viviu e morreu Xesucristo. Partiu cara a Terra Santa. Terras raras Química Grupo de elementos químicos da táboa periódica que comprende os lantánidos e inclúe o escandio e o itrio. OBSERVACIÓNS: Usado tamén en singular para referirse a un elemento deste grupo Os metais das terras raras son moi escasos na natureza. Terra vexetal Terra que se emprega para cultivar plantas. Mercou terra vexetal para transplantar os xeranios. Tirar por terra Botar por terra. Chocou co pequeno e tirouno por terra. Pouco tempo lle levou tirar por terra as paredes da casa. A idea non prosperou, tiráronlla por terra. Toma de terra VÉXASE toma1 Tomar terra 1 Arribar unha embarcación. Fomos ao peirao ver os barcos tomar terra. 2 Aterrar un avión ou unha nave espacial. O comandante avisou que iamos tomar terra en quince minutos. Tremor de terra VÉXASE tremor
Antes e despois de
Sobre o dicionario da Real Academia Galega
Este dicionario establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Aquí poderás atopar a ortografía normalizada de case 60.000 artigos lexicográficos e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua.
Actualizacións
O Seminario de Lexicografía da RAG actualiza de maneira continuada este dicionario para achegar un coñecemento máis preciso do léxico. As novas voces e modificacións pódense consultar na pestana de Actualizacións do menú superior.
Información
Escoita a pronuncia das palabras, consulta a conxugación de todos os verbos e descubre as características gramaticais de cada unha das entradas do dicionario (categoría, xénero, réxime verbal, fraseoloxía etc.)
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
González González, M. (dir.): Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/dicionario> [Consultado: <data>]
Conxugación do verbo: