A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.
De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:
Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.
Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.
Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.
Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.
A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.
Resultados ()
Número de resultados máximo 500, refina a túa busca.
Non se atoparon resultados nesta busca.
Este termo non se encontra no dicionario.
Non existen sinónimos para esta palabra.
Prema aquí para volver á busca anterior.
cienciasubstantivo feminino1 Conxunto dos sistemas de coñecemento con obxecto e métodos de estudo determinados e baseados en leis obxectivas que se poden verificar. Descubrimentos e progresos da ciencia.2 Cada un deses sistemas. A física e a lingüística son ciencias con obxectos distintos.SINÓNIMO disciplina3 Conxunto de coñecementos que alguén posúe. A experiencia deulle moita ciencia neste asunto.substantivo feminino plural4 Conxunto das ciencias que se basean fundamentalmente no cálculo e na observación. Facultade de ciencias. Ciencias e letras. FRASES E EXPRESIÓNS CON ciencia A ciencia certa Con certeza absoluta. Eu iso a ciencia certa non o podo asegurar. Ciencia ficción Xénero literario ou cinematográfico que presenta un mundo, uns feitos ou formas de vida imaxinarios pero cientificamente posibles. Unha película, unha novela de ciencia ficción.SINÓNIMO ficción científica Ciencias aplicadas Aquelas en que os resultados científicos están ao servizo da técnica. A medicina forma parte das ciencias aplicadas. Ciencias exactas As que se basean no cálculo. As matemáticas son ciencias exactas. Ciencias experimentais Aquelas ciencias que se basean na experiencia. A física e a química son ciencias experimentais. Ciencias humanas As que teñen por obxecto de estudo o home e a sociedade nos seus distintos aspectos e manifestacións. A antropoloxía pertence ás ciencias humanas. Ciencias naturais As ciencias de observación que estudan a natureza e os seres vivos. A botánica e a zooloxía son exemplos de ciencias naturais. Ciencias ocultas Conxunto de doutrinas e prácticas nas que se fan intervir forzas sobrenaturais. Sempre se interesou polos fenómenos paranormais e as ciencias ocultas.
Antes e despois de
Sobre o dicionario da Real Academia Galega
Este dicionario establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Aquí poderás atopar a ortografía normalizada de case 60.000 artigos lexicográficos e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua.
Actualizacións
O Seminario de Lexicografía da RAG actualiza de maneira continuada este dicionario para achegar un coñecemento máis preciso do léxico. As novas voces e modificacións pódense consultar na pestana de Actualizacións do menú superior.
Información
Escoita a pronuncia das palabras, consulta a conxugación de todos os verbos e descubre as características gramaticais de cada unha das entradas do dicionario (categoría, xénero, réxime verbal, fraseoloxía etc.)
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
González González, M. (dir.): Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/dicionario> [Consultado: <data>]
Conxugación do verbo:
O dicionario na túa web
Integra o dicionario da RAG na túa web premendo aquí.