Pilar Astray, presidenta da Asociación do Traxe Galego, intervén na homenaxe. Autor: C. González
No acto tomaron a palabra o presidente do padroado do Museo do Pobo Galego, Justo Beramendi; a presidenta da Asociación do Traxe Galego, Pilar Astray; Avelino Martínez, sobriño do homenaxeado; e o presidente da RAG. Víctor F. Freixanes salientou que Antonio Fraguas segue vivo "na memoria de todos nós" tanto pola obra que deixou como polas súas calidades humanas. Este recordo, engadiu, intensificouse neste 2019 con motivo do Día das Letras Galegas que a Academia lle dedicou. Por último, o presidente da RAG agradeceulles aos organizadores da homenaxe todo o traballo realizado durante este ano para divulgar o legado de Antonio Fraguas.