O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanez, participou na apertura do acto de homenaxe canda o presidente da Fundación Penzol, Manuel Puga; e o concelleiro de Cultura de Vigo, Gorka Gómez.
Posteriormente celebrouse unha mesa redonda sobre a obra e o legado da arquiveira. O encontro, moderado por Malós Cabrera, vicepresidenta segunda da Penzol, contou coas achegas de Pedro López Gómez, presidente da Fundación Olga Gallego; Carmen Pérez Pais, padroeira da Penzol; e Mar García Miraz, sexa do servizo do Arquivo de Galicia.