Previamente Samuel Diz falará sobre o músico ferrolán Xesús Dopico, primeiro presidente do Padroado da Cultura Galega en México, e o protagonista do Día das Letras Galegas 2022. Os dous chegaron a México a bordo do Ipanema.
Samuel Diz intervirá na mesa redonda moderada polo director da Sección de Historia da RAG, Ramón Villares, na que tamén participarán a historiadora Pilar Cagiao e o profesor de Filosofía Xosé Luís Pastoriza con distintas achegas sobre a etapa da exilio en México do autor valdeorrés ao que este ano a Real Academia Galega dedicou o Día das Letras Galegas.
A segunda e última xornada do Simposio Florencio Delgado Gurriarán comezará ás 17:00 horas cun relatorio de Ricardo Gurriarán, biógrafo e parente do homenaxeado, centrado en distintos momentos da vida do homenaxeado.
A entrada é libre ata completar a capacidade da sala. Todas as intervencións poderán seguirse en directo dende academia.gal e a canle de Youtube da Real Academia Galega.