Fotogalería Académicas
Eva Llorens, naceu na Coruña en 1921 e finou na mesma cidade no ano 2004. Pintora e mecenas, viaxou aos Estados Unidos onde traballou como profesora de literatura española na Universidade de Yale. Filla do pintor Francisco Lloréns, ao igual que o seu pai foi nomeada académica correspondente da Real Academia Galega, iso aconteceu en 1981.
Josefina López González, tamén coñecida como Josefina López de Serantes, naceu en 1922 na Coruña e faleceu en 1998 na mesma cidade. Escritora, ademais de novelas escribiu ensaios de carácter histórico, como El enigma del Gran Almirante, no que defende a tese da galeguidade de Cristobal Colón, ou Benito Vicetto iñorado onde reivindica a figura do historiador ferrolán. Foi escollida Académica correspondente en 1981.
Amelia Gallego de Miguel, historiadora da arte con orixes en Valladolid, foi nomeada académica correspondente en 1981 por mor das súas investigacións sobre a forxa histórica galega e o inventariado dos ferreiros. Estas investigacións quedaron recollidas na obra El arte del hierro en Galicia. A súa proposta estivo asinada por Manuel Chamoso Lamas, Ramón Piñeiro e Marino Dónega e informada favorablemente por Antonio Fraguas.
Olga Gallego Domínguez naceu en Ourense o 1 de decembro de 1923, e faleceu na mesma cidade o 4 de setembro de 2010. Foi historiadora, arquiveira e escritora, e a primeira muller en ler un discurso de ingreso como membro de número da Real Academia Galega.
En novembro de 1986 ingresaba co estudo As barcas e as barcaxes da provincia de Ourense no Antigo Réxime, ao que respondeu Antonio Gil Merino.
O arquivo da CRTVG ofrece imaxes da recepción de Olga Gallego.
Considerada unha das “voces esenciais” da poesía galega da segunda metade do século XX Luz Pozo Garza formou parte da Real Academia Galega como membro correspondente desde 1950. O 29 de novembro de 1996 deu lectura ao discurso titulado Diálogos con Rosalía. Da resposta estivo a cargo Xesús Alonso Montero.
Considerada unha das “voces esenciais” da poesía galega da segunda metade do século XX Luz Pozo Garza formou parte da Real Academia Galega como membro correspondente desde 1950. O 29 de novembro de 1996 deu lectura ao discurso titulado Diálogos con Rosalía. Da resposta estivo a cargo Xesús Alonso Montero.
O acto celebrouse salón de Actos da Real Academia Galega, no seu discurso, a autora de Ribadeo alternou textos en homenaxe a Rosalía de Castro con composicións poéticas, tanto propias como da propia Rosalía.


