Imaxe do Pleno reunido na sala de consulta da Academia.

1 de 3
O Académico de Honra Arcadio López Casanova durante o seu discurso de recepción, o 9 de novembro de 2013.

2 de 3
Acto no que participan tres membros correspondentes: Carlos Xesús Varela Aenlle, Héctor M. Silveiro Fernández, Felipe Lubián Lubián e Domingo Frades Gaspar.

3 de 3

Órganos de goberno e as súas funcións

Pleno
Está constituído polos trinta membros de número e é o encargado de tomar as decisións últimas que afectan á Real Academia Galega.
Ver pleno actual

Comisión Executiva
Está constituída polo presidente, o secretario, o tesoureiro, o arquiveiro-bibliotecario e o vicesecretario. Actúa por delegación do Pleno e encárgase de exercer o goberno da institución e de establecer a orde do día das Xuntas. A actual Comisión Executiva foi elixida o día 20 de abril de 2013.

Presidente
Convoca e preside as reunións, ademais de representar a institución en toda clase de entidades. O actual presidente da institución é Xesús Alonso Montero.

Secretario
Encárgase de redactar a acta de cada sesión e da memoria anual da Academia, ocúpase da correspondencia e do seu rexistro, e substitúe o presidente na súa ausencia. O actual secretario da institución é Henrique Monteagudo Romero.

Tesoureira
Responsabilízase do patrimonio e da contabilidade da institución. A actual Tesoureira da institución é Rosario Álvarez Blanco.

Arquiveira-bibliotecaria
Encárgase de velar pola conservación e ordenación de libros, manuscritos e documentos da institución, así como de coordinar a adquisición de fondos bibliográficos e documentais. A actual arquiveira-bibliotecaria da institución é Margarita Ledo Andión.

Vicesecretario
Substitúe o secretario en ausencia deste e auxilíao en todas as funcións que este lle encomende. O actual vicesecretario da institución é Andrés Torres Queiruga.

Membros que compoñen a Academia

De número
Os trinta membros de número que contempla o esquema organizativo da Real Academia Galega teñen a obriga de residir no territorio do dominio lingüístico galego, son elixidos polo Pleno e gozan de todos os dereitos e teñen todas as obrigas sinaladas nos Estatutos e no Regulamento.
Ver listaxe de académicos numerarios.

De honra
O nomeamento de membro de honra recae naquelas persoas que teñan prestado relevantes servizos á nosa cultura nos campos dos que se ocupa a institución.
Ver listaxe de académicos de honra.

Correspondentes
O compromiso de residencia non afecta aos sesenta membros correspondentes que, elixidos polo Pleno, poden participar nas tarefas científicas e sociais da institución pero non nos seus órganos de goberno.
Ver listaxe de académicos correspondentes.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Martes 13 de decembro de 2016 / 19:30 h
Vigo: 'Unha nova poética anovadora' no ciclo das Irmandades da Fala
Martes 20 de decembro de 2016 / 19:30 h
Peche do ciclo das Irmandades con 'Novos vieiros para a narrativa'

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 375

Boletín da Real Academia Galega
nº 375

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar