'A Costa da Morte', de Eduardo Pondal

Sempre discutida, a extensión actual da Costa da Morte, entre Malpica e Fisterra, é situada por Eduardo Pondal neste poema entre marcos moito máis estreitos: de Traba a Camariñas.
Faro de Camariñas, no Cabo Vilán
Faro de Camariñas (Arquivo RAG)


A composición contén, ademais, algúns trazos de estilo recorrentes na escrita de Pondal: a presenza da paisaxe bergantiñá, descrita con economía e forza expresiva, o apelo a referentes históricos afastados e a visión da natureza marcada polo hilozoísmo.

A Costa da Morte
De Traba ao Villano
esténdese informe,
cal negra serpente,
cal caimán enorme,
a costa de ferro,
a costa de bronce:
manchada d'areas,
qu'a trozos a cobren,
somella unha besta,
unha besta enorme,
plaga de tiña,
de lepra deforme.
O fero Britano
cruzando do norte,
de medo tembrando,
escrama de longe:
"¡A costa do pranto,
a costa da morte!".

As libres gaivotas,
que da altura volven
e nas altas cimas
d'altos fachos dormen,
voando, voando
nas alas do norte
cand'esta sublime,
fatal reconocen,
en longa ringleira
seu camiño torcen,
que tanta esquivez
as repela e tolle;
e voando, voando
s'apartan ao longe,
e parez que digan
co seu canto forte:
"¡Fujamos, fujamos,
a costa da morte!".

Eduardo Pondal. Poesía Galega Completa III. Poemas Manuscritos, con edición a cargo de Manuel Ferreiro (Sotelo Blanco, 2002).

Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Cursos de Verán 2019


Toda a información
nesta páxina

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 378

Boletín da Real Academia Galega
nº 378

Consultar

Cadernos de Lingua
nº 36

Consultar