Un poema de Teodoro Morgade

O poeta baiés, e membro da Federación das Mocedades Galeguistas, Teodoro Morgade (1915-1935) non tivo tempo na súa curta vida de deixar testemuño impreso das súas arelas poéticas.
Teodoro Morgade
Autorretrato do poeta


Foi despois da súa morte cando algúns dos seus amigos xuntaron as súas composicións líricas nun Cartafol do que só se editaron cen exemplares, e no que se poden apreciar as pegadas dos outros dous grandes poetas vangardistas galegos da época: Manuel Antonio e Amado Carballo.

En palabras de Marino Dónega, "Morgade tamén foi un precursor. Nin utilizaba a gravata, nin ataba os cordóns dos zapatos, a pesar de non existiren daquela os mocasíns". (X.M. Lema, 2010)

Hoxe cúmprese o recital monótono que nos viña anunciando
o vento no esceario repetido do mesmo ceo unicolor
–chumbo-, e das mesmas laixas molladas veñen soando
nun pizicatto sostido as outas notas i as baixas acompasadas
dalgunha golada discipriñada. I así entra toda
pedra en escea, esvaída de contornos, marcando xustamente
a creación da saudade. I a fuxida de cristales
vivos era o siñal de todo.

Cando o trapo da noite cáia continuará o concerto coa máis
monótona canzón de berce.

Cartafol (El Ideal Gallego, 1963)

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Xoves 13 de decembro de 2018 / 19:30 h
Muros - Aula Cemit: Charla da campaña 'Toponimízate'
Venres 14 de decembro de 2018 / 12:00 h
Xinzo de Limia - IES Lagoa de Antela: Charla da campaña 'Toponimízate'
Mércores 19 de decembro de 2018 / 10:00 h
Ribadumia - CPI Julia Becerra Malvar: Charla de 'Toponimízate'

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 378

Boletín da Real Academia Galega
nº 378

Consultar

Cadernos de Lingua
nº 36

Consultar