Homenaxe a Roberto Vidal Bolaño

O Salón Teatro de Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 27 de outubro unha ampla homenaxe a Roberto Vidal Bolaño, a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas do ano 2013.

O acto, que contará con actuacións musicais e teatrais, concíbese como un recoñecemento a todas as facetas desenvolvidas polo autor, actor e director homenaxeado. Carlos Blanco será o encargado de presentar este evento para o que xa está confirmada a presenza de músicos como García, O Leo ou a Magnifique Band. Do ámbito do teatro, sábese que participarán a compañía Chévere e a actriz Laura Ponte.

O tributo nacional a Roberto Vidal Bolaño, que arrancara xa co anuncio de representación de dúas obras do autor -Días sen gloria e Touporroutou da lúa e do sol- por parte do Cendro Dramático Galego, prosegue con esta homenaxe e coa publicación das súas obras completas na editorial Positivas. Cunha data de publicación prevista a partir de xaneiro de 2013, as obras verán a luz en cinco tomos: catro para o teatro -Agora, Outrora, Antroido e Adaptacións- e un para os textos non dramáticos. Na edición do compendio participan activamente Francisco Macías, director do selo; Roi Vidal, fillo do homenaxeado; e Xosé Manuel Fernández Castro, que publicou recentemente A obra dramática de Roberto Vidal Bolaño (Laiovento, 2011).

O traballo editorial de Positivas completarase cunha biografía asinada por Roi Vidal que sairá do prelo a comezos de 2013.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Martes 12 de novembro de 2019 / 10:45 h
Toponimízate: IES Francisco Asorey - Cambados
Venres 15 de novembro de 2019 / 19:00 h
Toponimízate - Beariz
Luns 18 de novembro de 2019 / 16:30 h
Toponimízate - Ordes
Martes 26 de novembro de 2019 / 19:00 h
A Coruña - Inauguración do Simposio Antonio Fraguas
Mércores 27 de novembro de 2019 / 16:30 h
Santiago de Compostela - Simposio Antonio Fraguas
Xoves 28 de novembro de 2019 / 16:30 h
Santiago de Compostela - Simposio Antonio Fraguas

Novas da Academia

Subscríbete