Académicos e académicas

Wenceslao Requejo Pérez

Wenceslao Requejo Pérez

Vigo, 1866 - 1947

Vigo,  4 de novembro de 1866- 14 de outubro de 1947

Doutor en Dereito e profesor, foi o creador e director da biblioteca García Barbón de Vigo. Como profesor, traballou na escola de Artes e Oficios da mesma cidade, da que chegou a ser director, e tamén foi docente na escola de Náutica e de Industria. Impartía as materias de lexislación mercantil, Economía Política ou Xeografía. 

Erudito e bibliómano, era propietario dunha importante biblioteca composta por máis de seis mil volumes en varias linguas. Foi un dos membros fundadores da Real Academia Galega e, en nome desta institución, foi o encargado de darlle resposta ao discurso de ingreso de Adriano López Morillo