Académicos e académicas
Uxío Torre Enciso
A Coruña, 1908 - Ferrol, 1994
Data de ingreso
24/10/1970
A proposta de
Isidro Parga Pondal, Antonio Fraguas Fraguas e Luís Iglesias Iglesias
Título do discurso
Resposta pronunciada por
Isidro Parga Pondal
Nesta cadeira
Gonzalo Navaza Blanco (05/11/2022 - Actualidade)
Xosé Ramón Barreiro Fernández (14/02/1997 - 17/03/2021)
Uxío Torre Enciso (24/10/1970 - 17/04/1994)
Julio Sigüenza Reimúndez (28/01/1956 - 15/04/1965)
Celestino Sánchez Rivera (27/07/1941 - 30/11/1948)
Leandro de Saralegui y Medina (04/09/1905 - 01/12/1906)
Nado na Coruña o 12 de novembro de 1908 e finado en Ferrol o 17 de abril de 1994, foi un destacado químico e farmacéutico cun labor investigador no campo da xeoloxía amplamente recoñecido.
Torre Enciso cursou na súa cidade natal o Bacharelato, para trasladarse despois a Santiago de Compostela, onde se licenciou nas carreiras de Ciencias Químicas e Farmacia. Posteriormente, en Madrid, cursou o doutoramento en Ciencias Xeolóxicas e no ano 1940 gañou a cátedra que exerceu no Instituto Eusebio da Garda da Coruña. Destacaron as súas actividades no campo da xeoloxía do cuaternario e da xeomorfoloxía galega. O seu labor está unido ao de Parga Pondal, con quen colaborou intensamente en calidade de membro do equipo investigador do Laboratorio Xeolóxico de Laxe. A obra científica de Torre Enciso abriu novos camiños á ciencia no que se refire ao proceso de alteración das rochas graníticas e a notables achegas ao coñecemento xeomorfolóxico do solo galego. Foi tamén o pioneiro en anunciar o papel da erosión fluvial na formación do relevo somerxido das rías galegas e o primeiro investigador de restos fósiles do cuaternario de Galicia: dous molares de mamut aparecidos nunha canteira de Buxán, provincia de Lugo.
Ao longo da súa vida, diversas sociedades contaron coa súa presenza e participación. Así, foi membro de número da Real Sociedad Española de Historia Natural e da Real Sociedad Geográfica. Foi tamén membro fundador do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses e da Academia Galega das Ciencias. O 24 de outubro de 1970 ingresou na Real Academia Galega a proposta de Isidro Parga Pondal, Antonio Fraguas Fraguas e Luís Iglesias Iglesias co discurso Avanzos no coñecimento da xeomorfoloxía de Galicia, ao que lle deu resposta Isidro Parga Pondal.
Publicou numerosos estudos sobre xeoloxía, especialmente sobre a galega, entre os que destaca a seguinte obra:
Enfermedades de las plantas producidas por virus. A Coruña: [s.n.], 1950.
Avanzos no coñecimento da xeomorfoloxía de Galicia / discurso lido por Uxío Torre Enciso e resposta do Dr. Isidro Parga Pondal. A Coruña: Real Academia Galega, 1970.
“Sobre una relación entre los tipos de disyunción de los granitos gallegos y su historia geológico-tectónica”, Notas y Comunicaciones del Instituto Geológico y Minero de España, n. 31, 1953, pp. 33-34.
“Contribución al conocimiento morfológico y tectónico de la Ría de La Coruña”. Boletín de la Real Sociedad Española de Historia Natural, t. 52, 1954, pp. 21-51.
“Estado actual del conocimiento de las rías gallegas”, en Homaxe a Ramón Otero Pedrayo no LXX aniversario do seu nacimento. Vigo: Galaxia, 1958, pp. 237-250.
“Hacia una explotación racional de nuestra rigueza minera. El cálculo de las reservas minerales”, Revista de Economía de Galicia, ano II, n.º 7-8, xaneiro-abril 1959, pp. 18-20.
En colaboración con I. Parga Pondal e J. M. López de Azcona publicou as seguintes Follas e Memorias explicativas do Mapa Geológico Nacional a Escala 1:50.000: n. 45 Betanzos, (1969); n. 67, Muxía (1955); n. 68, Camariñas (1954); n. 69, Santa Comba (1957); n. 70, Ordes (1961); n. 92, Fisterra (1959); n. 93, Outes (1958); n. 260, Oia (1954); n. 261, Tui (1953); n. 298, A Guarda (1956); n. 299, Tomiño (1963).