Académicos e académicas
Julio Sigüenza Reimúndez
A Coruña, 1898 - Vigo, 1965
Data de ingreso
28/01/1956
A proposta de
Ángel del Castillo López, Francisco Vales Villamarín e Leandro Carré Alvarellos
Título do discurso
Resposta pronunciada por
Ángel del Castillo López
Nesta cadeira
Gonzalo Navaza Blanco (05/11/2022 - Actualidade)
Xosé Ramón Barreiro Fernández (14/02/1997 - 17/03/2021)
Uxío Torre Enciso (24/10/1970 - 17/04/1994)
Julio Sigüenza Reimúndez (28/01/1956 - 15/04/1965)
Celestino Sánchez Rivera (27/07/1941 - 30/11/1948)
Leandro de Saralegui y Medina (04/09/1905 - 01/12/1906)
Naceu na cidade da Coruña o 7 de xaneiro de 1898 e morreu en Vigo o 15 de abril de 1965. Foi un destacado xornalista e escritor da época. Sigüenza emigrou a Cuba en 1912. Na Habana viviu trece anos e posteriormente, trasladouse a Arxentina e Uruguai. Desde moi novo comezou a escribir poesía ou artigos xornalísticos relacionados con Galicia e a departir, ademais, con artistas e escritores galegos na diáspora arredor de faladoiros dos que naceron publicacións como Galicia, Labor Gallega ou El Eco de Galicia. Ao tempo en que traballaba como xornalista no Diario de la Marina, Diario Español e El Crisol, foi director da revista Galicia da Habana. Tras dun breve regreso a Galicia, volveu a América, nesta ocasión a Arxentina, onde traballou en diarios como La Razón, Almanaque Gallego, El Despertar Gallego, El Heraldo Gallego e Céltiga, revista da que foi director. Continuou a súa biografía en Montevideo, onde foi director da revista Galicia desa cidade, que era o órgano do Centro Gallego que el mesmo dirixiu durante cinco anos. Na capital de Uruguai, onde viviu durante sete prolíficos anos, tamén dirixiu a revista Cartel, sendo codirector o exminisitro de Facenda, Alfredo Mario Ferreiro, e foi fundador e primeiro secretario da Asociación Protectora de la Cultura Gallega. Ao longo de todos estes anos vividos entre Cuba, Arxentina e Montevideo, Sigüenza Raimúndez non deixou de traballar entorno a temas galegos, ben desde a prensa, ben desde publicacións da súa autoría e mesmo desde a tribuna, no seu labor de conferenciante nas Universidades de La Plata e Montevideo.
No ano 1928 presentou Cantigas e verbas ao ar, o seu rpimeiro libro en galego, escrito en Montevideo e publicado na Coruña. Poucos anos despois, en 1922, casou coa galega María Angelina Fontela e fixou a súa residencia en Vigo. Unha vez en Galicia, continuou traballando como xornalista e conferenciante en Institutos de Noia, Tui, no Círculo Recreativo e Instructivo de Artesanos da Coruña, no Ateneo Santa Lucía da mesma cidade ou no Centro Mercantil de Ferrol. En Vigo dirixiu o diario La Tarde e foi redacto xefe de El Pueblo Gallego e de La Hoja del Lunes. Durante a posguerra fundou e dirixiu as revistas Cartel, de arte e actualidade, e mais a revista Numen, en 1944, a única publicación de estudos poéticos editada en Galicia na altura. Colaborou tamén nas revistas Cristal, de Pontevedra, e Alba, de Vigo, ata ingresar en Faro de Vigo, onde escribiu ata o final da súa vida.
O 28 de xaneiro de 1956 ingresou na Real Academia Galega a proposta de Ángel del Castillo López, Francisco Vales Villamarín e Leandro Carré Alvarellos, co discurso “Un gallego universal: José Alonso Trelles (El Viejo Pancho)” que tivo resposta de Ángel del Castillo López.
Sigüenza Raimúndez deixounos o legado da súa obra xornalística, pero tamén da crítica e da literaria, onde destacan as seguintes publicacións:
Poesía
De los Agros Celtas. A Habana: Hermes, 1923. Prólogo de Jacinto Benavente.
Del amor y de la muerte. A Habana: Nuestra Novela, 1924. Prólogo de Moises Vincenzi.
La ruta aventurera. Bos Aires: Editorial Céltiga, 1927.
Cantigas e verbas ao ar. A Coruña: Nós, 1928. Prólogo deJuana de Ibarbourou.
Cuaderno del ojo sin dueño. Montevideo: Cartel, 1931.
Las canciones extraviadas. Vigo: Cartel, 1937.
Poemas del Imperio. Vigo: Faro, 1939.
Novela
El lobo. A Habana: Nuestra Novela, 1924.
Ensaio
Galicia cara y cruz. Montevideo: Cartel, 1930. Ensaios sobre tema galego con tres estudos sobre Curros Enríquez, Rosalía de Castro e Eduardo Pondal.