Académicos e académicas

Baldomero Cores Trasmonte

Baldomero Cores Trasmonte

Cee, A Coruña - 24/12/2014
Data de ingreso
05/06/1958

Doutor en Dereito pola Univesidade de Santiago de Compostela. Graduado Social. Licenciado en Filosofía e Letras. Sociólogo e xornalista. Sociologo, xurista, docente e xornalista. 

Doutor en  Dereito Pola USC, graduado pola Escola Social e licenciado en Filosofía e Letras. Ademais estudou Ciencias Políticas na Universidade Complutense de Madrid.
 No ano 68 emigrou a Porto Rico, onde desempeñou a cátedra de Socioloxía do Recinto Universitario de Mayagüez.
En 1977, esta universidade concedeulle un ano sabático que aproveitou para exercer a docencia na Facultade de Ciencias da Información da Universidade de Madrid. 
En 1979, foi nomeado vicecónsul de España e Mayagüez  e secretario xeral do comité de Cultura Galega de Porto Rico.
 En 1983 retornou definitivamente á súa terra natal, para desempeñar o cargo de letrado do Parlamento de Galicia.
Dende entón  e ata a súa xubilación, no ano 1995, exerceu as funcións de asesor xurídico no Parlamento de Galicia e dirixiu a biblioteca desta institución. Tamén impartiu clases como profesor asociado na Facultade de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela. 
Desenvolveu un fecundo labor dentro do xornalismo galego. Foi o primeiro delegado informativo de La Voz de Galicia en Santiago, pertenceu ao cadro de persoal de "O Correo Galego", colaborou en " Faro de Vigo" e en "USC. Xornal Electrónico", da universidade compostelá.
Cronista Oficial de Cee.