Que inflúe na muda lingüística da mocidade?
26/02/21 |
O paso da educación primaria á secundaria e o mundo laboral son dous momentos chave no cambio do galego ao castelán, sinala un traballo publicado en 'Cadernos de Lingua' e realizado no marco do proxecto da RAG ‘O galego segundo a mocidade’
"A de quen comprende", o poema de Xela Arias para Rosalía
24/02/21 |
A protagonista das Letras Galegas 2021 foi unha das once mulleres poetas que renderon homenaxe á escritora no libro-cedé 'Daquelas que cantan'. Escoitamos a súa voz no Día de Rosalía
A RAG comparte "Xeliña fala galego" e reivindica a transmisión xeracional do idioma no Día da Lingua Materna
17/02/21 |
O relato escrito polo pai de Xela Arias en 1968 é unha reflexión sobre o que significa contar cunha lingua propia e as portas que abre na aprendizaxe doutros idiomas. O presidente da institución defende a súa transmisión xeracional como “unha riqueza que debemos celebrar, asegurar e potenciar”
Baiuca e Laura Lamontagne protagonizan un novo capítulo de 'Conseguiremos'
15/02/21 |
Os dous músicos, que fusionan tradición cultural e vangarda musical, conversan na nova peza da produción da RAG e a USC sobre a capacidade de chegar coa música en galego "a calquera parte do planeta"
A Real Academia Galega, a Euskaltzaindia e o Institut d’Estudis Catalans reivindican o plurilingüismo como un patrimonio común
10/02/21 |
O texto reivindica o seu papel asesor dos poderes públicos co propósito de contribuír a unha deliberación informada e racional en beneficio do respecto mutuo no contexto de debate acerca das linguas no sistema educativo e no conxunto da realidade social
"Xela sempre foi unha loitadora"
4/02/21 |
Amparo Castaño, nai de Xela Arias, lembra a infancia e mocidade da protagonista do Día das Letras Galegas. Desde ben pequena, amosou a súa capacidade para a creación literaria, e tamén un fondo compromiso social que deixou pegada nos seus versos
A Real Academia Galega e a Fundación Barrié premian oito colexios que puxeron imaxes ás palabras do día
2/02/21 |
Os proxectos gañadores foron presentados polo CPI Fonte Díaz (Touro), os CEIP Raquel Camacho (A Coruña), Daría González García (Pontevedra), A Magdalena (As Pontes de García Rodríguez), A Espiñeira (Aldán – Cangas) e Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa), o IES Miraflores (Oleiros) e o Instituto Español Vicente Cañada Blanch (Londres)
O adeus a Murguía na prensa
2/02/21 |
Tal día coma hoxe, o 2 de febreiro de 1923, morría na Coruña Manuel Murguía. O pasamento do "patriarca" ocupou un lugar destacado na prensa galega, tanto nas cabeceiras publicadas no país como nas editadas pola comunidade galega en América
A Academia e PuntoGal convocan a cuarta edición do concurso de microrrelatos
28/01/21 |
As entidades repartirán nove premios entre concursantes de todas as idades. Os contos poderán presentarse entre o 1 e o 28 de febreiro a través da nova páxina web relatos.gal
A RAG suspende os servizos presenciais ata o 17 de febreiro
26/01/21 |
O arquivo, a biblioteca e a Casa-Museo Emilia Pardo Bazán pechan as portas, de acordo coas medidas aprobadas para facer fronte á pandemia. Seguirán a atender as consultas dos usuarios de maneira telemática