Hoxe, as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego acadan a súa 23ª edición. Coa finalidade de evitar a disolución, a depreciación e a subalternización da nosa lingua, a Academia ofrece á sociedade galega unha nova edición das Normas que non amosa mudanza respecto a edicións anteriores. A Sección de Lingua, e o conxunto do corpo académico, saúdan con ledicia esta nova tirada que constitúe un paso fundamental no camiño cara a normalización do galego.
En palabras do presidente da Academia na Presentación á presente edición: "O noso idioma é aquel que, sobre a ruína do antigo Imperio de Lacio, como dixera en frase célebre Saco Arce, naceu e evolucionou na mente, no corazón e nos beizos do pobo galego. É a nosa magna obra colectiva que, neste intre, se encontra aínda ameazada. Sería loucura concibir a salvación da nosa lingua sen o recurso a unha normativa ao alcance de todos os ámbitos do seu uso social: das administracións ás prácticas cotiás, pasando pola ciencia e o coñecemento universais, pola literatura e pola escola en todos os seus graos e niveis.
Aquí pode consultarse ou descargarse o documento.