Visita do alumnado do IES Díaz Castro

Durante a súa visita á Academia, o alumnado de Guitiriz expuxo a súa valoración das actividades desenvolvidas ata o de agora con motivo do ano Díaz Castro.
Mesa presidencial durante a celebración do acto
Mesa presidencial durante a celebración do acto


O encargado de recibilos en nome da Academia foi o secretario desta institución, Henrique Monteagudo, quen, logo de introducilos á nosa historia, explicoulles os aspectos máis relevantes verbo da súa organización, funcionamento e o procedemento a seguir para a escolla da figura protagonista do Día das Letras Galegas.

O alumnado do centro, pola súa parte, expuxo na Academia algunhas das iniciativas desenvoltas ao longo do ano Díaz Castro, entre as que salientaron a produción do documento audiovisual A lus do mundo, que se pode consultar nesta ligazón, e tamén anunciaron a recente estrea doutra montaxe de vídeo titulada Os camiños esquecidos, con guión e produción propios, que se pode consulta aquí.

No que atinxe á súa valoración do Día das Letras Galegas 2014, os alumnos do centro declararon: "No que vai de ano aprendemos moitas cousas que non saen nos libros e, sobre todo, sentímonos moi orgullosas de que alguén tan importante como Díaz Castro nacera na nosa terra".