O programa constará de catros mesas centradas na literatura, a lingua, a historia e as artes. O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, participará o venres, a partir das 20:00 horas, no coloquio literario que abrirá esta cita, no centro cultural Avenida da Rúa, xunto ao expresidente Xesús Alonso Montero e o crítico literario Ramón Pena.
Petín acollerá o sábado 19 ás 12:00 horas a mesa da historia, na que intervirán Aurora Marco, Telmo González e Camilo de Valdehorras. Ese mesmo día, ás 19:00 horas o Barco de Valdeorras será o escenario da mesa da lingua, coa directora da Sección de Lingua da Real Academia Galega, Rosario Álvarez, a filóloga Concepción Álvarez Pousa e o presidente do Ateneo Republicano de Valdeorras e profesor de Historia, Francisco Cobo.
O domingo a mesa das artes desenvolverase en Rubiá, cun coloquio no que tomarán a palabra os creadores Domingo D. Docampo, Raquel Queizás e Ramiro Núñez.