Un poema de 'Música reservada'

Luísa Villalta, (A Coruña, 1957-2004) conciliou no seu quefacer poético a expresión da ausencia e o desamor coas formas conceptuais e o ton reflexivo.
Luísa Villalta
Luísa Villalta


O poema que reproducimos a seguir está tirado do libro Música reservada, publicado por Ediciós do Castro en 1991.

Xeométrico, o ollar da mañá,
unha liña de sol nas cortinas,
é un delírio cravado na ausencia.

O fume pervive sen forma
-a inocencia é olvido- e o pó
acumula ese nada sen sombra.