Este novo título de Galician Classics súmase a outros sete xa vertidos a esta lingua de autores como Álvaro Cunqueiro, Rosalía de Castro, Lois Pereiro, Díaz Castro ou Celso Emilio Ferreiro". Ilustrísima, publicada por primeira vez en 1980 e unha das obras máis coñecidas de Carlos Casares, é unha historia contra o fanatismo e a intolerancia, ademais dunha homenaxe ao cine, unha das afeccións do autor desde a infancia.
A novidade editorial foi presentada polos secretarios xerais de Cultura e de Política Lingüística, Anxo Lorenzo e Valentín García, respectivamente; polo administrador da Fundación Carlos Casares e fillo do escritor, Håkan Casares; polo editor Jonathan Dunne, pola directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo; e polo membro da Real Academia Galega Manuel González, no marco da exposición bibliográfica coa que a Biblioteca de Galicia celebra o Día das Letras Galegas 2017, Casares: arte e pensamento para Galicia.