Presentación do documental das Letras Galegas

A Real Academia presenta o documental Begoña Caamaño: navegar no pracer do azul, unha produción da institución sobre a autora á que lle dedica o Día das Letras Galegas dirixida por Damián Varela e Alba López. Tras a proxección do filme, haberá un coloquio cos directores e o académico Víctor F. Freixanes, compañeiro de Begoña Caamaño na súa etapa como xornalista de Radio Popular e posteriormente editor das súas novelas.

A entrada é libre ata completar a capacidade do auditorio.