O colexio de Lourenzá, onde a Real Academia Galega presentará o vindeiro 6 de marzo a edición de Primavera das Letras dedicada a don Paco, obtivo o galardón na categoría de centros de educación infantil e primaria cunha mostra titulada Desde a Fiestra de don Paco. Na categoría ao que concorreron os demais centros de ensino o premiado foi o IES Castelao cunha proposta titulada Camiñando con Ramón Sanfiz, coñecemos a Francisco Fernández del Riego.
A colección de 10 carteis que compón cada mostra e a guía didáctica correspondente serán impresas e distribuídas nos centros de ensino de Galicia e do exterior, centros de estudos galegos, concellos, bibliotecas e outros lugares de interese. Tamén estará dispoñible no Portal da Lingua Galega para a súa descarga libre e gratuíta.
Cada centro educativo gañador recibe un premio en metálico de 2000 euros e o profesorado implicado.