Premios da Crítica
O xurado salientou o labor de Ana Romaní "a prol da visibilidade, promoción e difusión da nosa cultura, nas súas diversas manifestacións ou expresións, así como a súa defensa e uso do galego, labor que desenvolveu maioritariamente como directora do programa Diario Cultural da Radio Galega dende o seu inicio, no 1990, ata mediados do presente 2018". Na súa decisión destacou ademais a "declarada vontade de intervención e perspectiva feminista" da xornalista e escritora.
O presidente da Fundación Premios da Crítica de Galicia, Bieito Ledo, abriu o acto no que se deu a coñecer a resolución dos galardóns, unha celebración que xuntou a trescentas corenta persoas representativas dos diversos ámbitos da vida cultural, social e política do país, entre elas o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes.
Máis información na web da Fundación Premios da Crítica de Galicia.