O presidente da RAG participa na homenaxe ao Fresco en Ponteareas

O presidente da Real Academia Galega visitou o pasado venres Ponteareas, onde participou nunha homenaxe a Manuel González Fresco, convidado pola asociación Xe Patrimonial. Víctor F. Freixanes ofreceu un relatorio sobre o empresario e político natural deste concello pontevedrés, asasinado polos golpistas, ao que lle dedicou o libro O Fresco. Memorias dun fuxido, 1936, publicado por primeira vez en 1980.

Víctor F. Freixanes foi recibido previamente na casa consistorial de Ponteareas pola alcaldesa, Nava Castro, e membros da corporación municipal. Tras asinar no libro de honra do concello, desprazouse ao Centro Cultural de Xinzo, onde o recibiron o presidente da comunidade de montes e representantes das entidades da parroquia de Xinzo, e asinou tamén no seu libro de honra. O encargado de presentar o relatorio foi Alberte Reboreda.

Un momento da conferencia sobre O Fresco que ofreceu Víctor F. Freixanes no Centro Cultural de Xinzo. Fonte: Xe Patrimonial
O presidente da RAG xunto á alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, e o presidente de Xe Patrimonial, Roberto Leándrez, tras asinar no libro de honra do concello. Fonte: Concello de Ponteareas