Diego Rodríguez e Alonso Montero
O Portal das Palabras é un proxecto desenvolvido conxuntamente pola Academia e a Fundación Barrié que ten como obxectivo a difusión e modernización do léxico e o traballo lexicográfico da Academia mediante a aplicación, neste eido, das novas tecnoloxías da información, e o emprego dunha linguaxe actual, áxil e dinámica, aberta a todas as persoas interesadas en coñecer mellor a nosa lingua.
O Portal das Palabras foi tamén finalista nesta mesma edición na categoría de Comunicación Dixital que valora o impacto e a eficacia da comunicación en internet. Estas dúas distincións veñen a confirmar a calidade do traballo desenvolvido polo Portal das palabras ao longo do último ano, un feito demostrado tamén, día tras día, no seu alto número de visitas e nas abondosas valoracións positivas recibidas dos usuarios desta páxina.