Imaxe da inauguración do monumento a Rosalía (Vida Gallega)
Alejandro Pérez Lugín, autor de La Casa de la Troya, escribe, en La Voz de Galicia do 5 de agosto de 1917, unha crónica da inauguración da estatua a Rosalía de Castro que viña de ser celebrada a semana anterior.
No seu extenso artigo, que se pode descargar aquí, Pérez Lugín, despois de laiarse da frialdade do acto, salienta, entre outras cousas, o discurso de Augusto Besada, quen destacou na súa intervención a colaboración do pobo no financiamento da obra "[...] el valor que daba al monumento la decidida cooperación de los humildes cubriendo la fata de los poderosos".
Pola súa parte, o xornal Gaceta de Galicia de Santiago dedícalle tamén, na súa edición do 31 de xullo do mesmo ano, unha extensa reportaxe a este mesmo asunto, no que explica, entre outras cousas, a ausencia do viúvo da poeta, Manuel Murguía, quen enviou en representación del e da súa familia, ao exalcalde da Coruña, e futuro presidente da Academia, Manuel Casás Fernández, segundo consta na nova referida a este acto que se pode descargar aquí.