Homenaxe a Luís Seoane

Acto de homenaxe a Luís Seoane no centenario do seu nacemento celebrado o 18 de decembro de 2010 no cemiterio de San Amaro, na Coruña.

Cartel da homenaxe pública da RAG a Luís Seoane, no centenario do seu nacemento, e a todos os galegos ilustres do cemiterio de San Amaro da Coruña 18 de decembro de 2010.

Xosé Luís Axeitos Agrelo, secretario da RAG, diríxese aos asistentes á entrada do cemiterio.

O coro Cántigas da Terra abre a comitiva.

Margarita Ledo Andión e Euloxio Rodríguez Ruibal ao pé da sepultura de Manuel Murguía.

A comitiva de camiño cara á tumba de Luís Seoane.

Luz Pozo Garza, académica numeraria da RAG, e María Xosé Bravo, concelleira de cultura do Concello da Coruña, depositan unha coroa de loureiro na tumba de Luís Seoane.

A intervención de Xosé Luís Méndez Ferrín, pecha o acto.

Os asistentes ao acto durante o discurso pronunciado polo presidente da RAG.

O Himno galego, interpretado polo coro Cántigas da Terra, clausura a homenaxe.