![](/documents/35271/813017/2023.05.01_01_01.jpg/bf45e4f2-14a7-9e77-1466-05a33e3e99b5)
O académico impartiu o pasado venres un relatorio sobre a política lingüística en Galicia no European Centre for Minority Issues, con sede na localidade de Flensburg, a máis septentrional dun estado no que coexisten tres minorías lingüísticas: a frisoa, o danesa e a do baixo alemán.
Henrique Monteagudo foi convidado pola Universidade de Flensburg, onde participou nun curso do Centro de Linguas Pequenas e Rexionais (Zentrum für Kleine und Regionale Sprachen KURS). O académico centrou a súa intervención neste foro na evolución do galego no sistema educativo e na importancia do ensino para o mantemento e a recuperación da lingua. Referiuse ademais ao proxecto de intervención do Seminario de Sociolingüística no concello de Ames, focalizado na infancia e na mocidade,que espertou moito interese. O último paso deste traballo artéllase arredor da experiencia Modo galego, actívao!, no marco da cal estanse a desenvolver iniciativas de dinamización lingüística alén das aulas.
O coordinador do seminario e catedrático de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela impartiu ademais diversas charlas dirixidas a alumnado de estudos hispánicos.
![](/documents/35271/813017/2023.05.01_01_02.jpg/1ef896ba-f9b1-11d2-9a3c-31b2bebc8617)