Presentación de Toponimia de Agolada

Os pendellos de Agolada acolleron o 10 de marzo de 2017 a presentación de 'Toponimia de Agolada'. Este traballo de Luz Méndez abre a colección "Terra nomeada", froito da colaboración entre a RAG e a AGON,e o apoio da Deputación de Pontevedra.

Antes da presentación do volume sobre a toponimia do concello pontevedrés, o colectivo Baluarte dos Pendellos ofreceulles unha visita guiada aos pendellos de Agolada aos membros das entidades que promoven a colección Terra nomeada

Os músicos do grupo Bico da Balouta interpretan unhas pezas ao pé da Casa Museo dos Pendellos, onde se desenvolveu a presentación de Toponimia de Agolada

A Casa Museo dos Pendellos de Agolada encheuse de veciños e veciñas para participaren na presentación do volume dedicado á toponimia do seu concello

A autora, Luz Méndez, nun momento da súa intervención na presentación do libro

O académico Xesús Ferro toma a palabra en representación da RAG. Pola esquerda, Gonzalo Navaza, que participou en representación da AGON; Ferro e a autora do libro, Luz Méndez; o deputado provincial Xosé Leal e o alcalde de Agolada, Ramiro Varela

Público asistente á presentación na Casa Museo dos Pendellos de Agolada

Público asistente á presentación do libro na Casa Museo dos Pendellos de Agolada

Luz Méndez asinando un exemplar do libro