Ingreso de Giulia Lanciani como académica de honra
O 8 de marzo de 2014 tivo lugar, no salón de actos da Academia, o acto de recepción como académica honoraria de Giulia Lanciani. A encargada de responder o seu discurso de ingreso en nome da Academia foi Rosario Álvarez.
A nova académica dando lectura ao seu discurso de rececpción.
O discurso de ingreso de Giulia Lanciani tivo por título: "Aventuras e desventuras da transmisión manuscrita da lirica medieval galega".
Giulia Lanciani analizou no seu discurso a conservación e transmisión da nosa literatura medieval.
A encargada de responder o discurso de Lanciani en nome da Academia foi a tesoureira desta institución, Rosario Álvarez.
A nova membro de honra da Academia recibindo a súa acreditación como tal de mans do presidente, Xesús Alonso Montero.
A académica honoraria Giulia Lanciani.
Foto de familia dos académicos con Giulia Lanciani.