Homenaxe a Manuel María en Monforte de Lemos

O protagonista do Día das Letras Galegas de 2016 foi homenaxeado o 1 de outubro en Monforte de Lemos. A súa pegada na localidade onde viviu varias décadas, a través dos seus versos, a amizade, a colección Val de Lemos ou a libraría Xistral, marcou o acto.

Distintas imaxes da vida de Manuel María foron proxectadas nos minutos previos ao inicio do acto

Patricia García, Sara Blanco e Antía Vila, alumnas do Conservatorio Municipal Mestre Ibáñez, abriron o acto interpretando "Suite Haendeliana"

Na primeira ringleira, membros da Real Academia Galega seguindo o acto

Saleta Goy, viúva de Manuel María, acompañada, á súa dereita, por Alberte Ansede, secretario da Fundación Manuel María

A homenaxe congregou a veciñanza e amizades de Manuel María, que residiu en Monforte de Lemos durante varias décadas

A académica Margarita Ledo, que coñeceu a Manuel María a comezos dos anos 70, trazou o primeiro retrato do homenaxeado en clave persoal da celebración

O xornalista e escritor monfortino Antón Lopo recordou a súa descuberta infantil da literatura galega da man dos poemas de Manuel María e da libraría Xistral, rexentada polo poeta e a súa dona

Iago Díaz Iglesias, alumno do IES Río Cabe, le os poemas "A fala" e "Galicia"

Lucía Amaro e Santiago Alonso, dúo de saxofóns do Conservatorio Municipal Mestre Ibáñez, nun momento da súa actuación

A académica Fina Casalderrey leu os poemas de Manuel María "Poema contra o sliencio" e "Oda á beleza da palabra"

Lois Diéguez, amigo persoal de Manuel María, levou o auditorio de paseo por Monforte co recordo de Manuel María

Outro amigo do homenaxeado, Manuel Rajo, lembrou a bonhomía e a humildade de Manuel María

O académico Salvador García-Bodaño recitou dous poemas da súa autoría, un dedicado a Manuel María e outro para Saleta Goy

Aldara Otero, alumna do Conservatorio Municipal Mestre Ibáñez, pechou o acto interpretando unha peza de Bach

Salvador García-Bodaño e Saleta Goy