Día das Letras Galegas 2016. Manuel María

A Real Academia Galega celebrou o 17 de maio de 2016 na horta da Casa de Hortas, o fogar onde o poeta de Outeiro de Rei nacera en 1929. A institución desenvolveu neste escenario unha sesión extraordinaria aberta ao público

A sesión extraordinaria da RAG dedicada a Manuel María arrincou con música e versos do poeta. Na imaxe, Pablo PIntor, Branca Villares e Brais Monxardín interpretando "O Carro".

Fonte: Xosé Castro

Saleta Goy, viúva de Manuel María e presidenta da Fundación Manuel María, e Alberte Ansede, o secretario, ás portas da casa-museo do autor, en Outeiro de Rei. A celebración tivo lugar na horta do fogar onde naceu o poeta en 1929.

Fonte: Xosé Castro

Os académicos de número Ramón Villares, Euloxio Rodríguez Ruibal e Francisco Fernández Rei conversan á súa chegada á Casa-Museo Manuel María

Fonte: Xosé Castro

Académicos e outros asistentes á sesión extraordinaria da RAG ás portas da Casa-Museo Manuel María

Fonte: Xosé Castro

Pola esquerda, os académicos Andrés Torres Queiruga,Salvador García-Bodaño, Pegerto Saavedra,Darío Xohán Cabana, Margarita Ledo, Euloxio Rodríguez Ruibal e Francisco Fernández Rei.

Fonte: Xosé Castro

Familiares de Manuel María, membros da fundación que custodia o seu legado e representantes de distintas institucións, nas primeiras filas do auditorio.

Fonte: Xosé Castro

Un grupo de cativas escoitando o acto.

Fonte: Xosé Castro

Público seguindo a sesión extraordinaria dedicada a Manuel María.

Fonte: Xosé Castro

Membros do plenario da RAG no escenario instalado na horta da Casa-Museo Manuel María.

Fonte: Xosé Castro

Membros do plenario da RAG no escenario instalado na horta da Casa-Museo Manuel María.

Fonte: Xosé Castro

Manuel Rivas foi un dos tres académicos que repasaron a vida e a obra de Manuel María.

Fonte: Xosé Castro

Margarita Ledo lendo o seu discurso, no que lembrou como coñeceu a Manuel María cando era unha estudante universitaria.

Fonte: Xosé Castro

Darío Xohán Cabana percorreu a traxectoria poética do homenaxeado.

Fonte: Xosé Castro

A banda Sons e Soños, composta por músicos de Outeiro de Rei, Rábade e Begonte, interpretou o Himno para rematar o acto.

Fonte: Xosé Castro

Os académicos de número e o presidente da Xunta cantan o Himno.

Fonte: Xosé Castro

Saleta Goy, acompañada de Manuel Rivas, Margarita Ledo e Darío Xohán Cabana

Fonte: Xosé Castro

Foto de familia dos membros do pleno da Real Academia Galega e Saleta Goy.

Fonte: Xosé Castro