Congreso Lois Pereiro

Entre o 15 e o 17 de decembro de 2011 celebrouse na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela e no Salón de Actos da Academia o congreso en torno ao poeta monfortino protagonista do Día das Letras dese ano.

Cartel do Congreso Lois Pereiro, celebrado en Santiago de Compostela e na Coruña entre os días 15 e 17 de decembro de 2011.

A conferencia inaugural correu da man de Pere Gimferrer. Sentados a carón del, o Conselleiro de Cultura, Roberto Varela, e o presidente da RAG, Xosé Luís Méndez Ferrín.

Antón Lopo, nun momento da súa conferencia, acompañado do secretario da RAG, Xosé Luís Axeitos Agrelo.

Relatorio de María do Cebreiro, no auditorio da Biblioteca de Galicia.

A conferencia de Arturo Casas deu fin á primeira xornada do Congreso.

No auditorio da Biblioteca de Galicia, de esquerda a dereita, Luís Cochón, Antón Lopo, María do Cebreiro, o académico de número Xosé Luís Axeitos, e Arturo Casas.

Conferencia de Daniel Salgado, no salón de actos da RAG.

O presidente da RAG, acompañado de Miguel Mato Fondo, durante a segunda xornada do Congreso.

Intervención de Xosé Luís Méndez Ferrín durante o coloquio. A carón del, Miguel Mato Fondo, Olivia Rodríguez e María Xesús Nogueira.

Xabier Cordal, no comezo do seu relatorio.

Conferencia de Carlos Gegúndez López. Xunto a el, na mesa, o secretario da RAG e Xabier Cordal.

Antón Patiño.

Intervención de Mercedes Queixas.

A derradeira xornada do Congreso abriu cunha conferencia do académico numerario Manuel Rivas.

Xosé Manuel Pereiro durante a súa conferencia.

Conferencia de Xosé Manuel Outeiriño. Xunto a el na mesa, Xosé Luís Méndez Ferrín, Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro.

Luz Pozo Garza e Chus Pato puxeron fin ao Congreso.