Begoña Caamaño (Editorial Galaxia).
Xornalista de profesión, Begoña Caamaño (1964-2014), desenvolveu a maior parte do seu labor periodístico na Radio Galega en programas especializados no seguimento da actualidade cultural do noso país, como o "Diario cultural" ou "Andando a terra".
Como escritora, o seu debut literario produciuse no ano 2009 coa obra Circe ou o pracer do azul, á que lle seguiría Morgana en Esmelle no 2012, ambas as dúas publicadas por Galaxia. Nas súas novelas, Begoña Caamaño propón unha revisión en clave feminista de dous dos grandes ciclos do canon literario occidental -o homérico e o artúrico- que lle habían merecer un amplo recoñecemento de público e crítica, coa concesión dos premios Ánxel Casal, AELG, da Crítica e Lousada Diéguez.