A académica Fina Casalderrey durante o seu relatorio no acto que se celebrou no auditorio de Baio
Foto de familia de Fina Casalderrey con participantes no acto
Fina Casaderrey e o alcalde de Zas, Manuel Muíño, tras asinar a académica no libro de honra do concello
As cantareiras interpretaron varias pezas e compartiron as súa experiencia como tocadoras, desde os seus inicios ata colaboracións con artistas como Amancio Prada ou Caamaño&Ameixeiras. Como convidadas especiais, a celebración contou ademais con Clarisa Santos e Matilde Ferreiro, veciñas de Pudenza que gardan na memoria un rico repertorio de cantigas populares.
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, pechou o acto cunha defensa da lingua galega e da importancia do patrimonio inmaterial que a Real Academia Galega quixo reivindicar este ano, e agradeceu a presenza de Fina Casalderrey, quen plasmou a súa gratitude polo convite no libro de honra do concello.





