Emilia Pardo Bazán, pioneira do xénero negro

A Casa-Museo Emilia Pardo Bazán celebra os 175 anos do nacemento da autora cunha xornada na que se revisitará o seu papel como pioneira do xénero negro en España e se porá a súa obra en diálogo coa narrativa negra galega contemporánea.

Antecedentes do xénero negro. Os contos criminais de Emilia Pardo Bazán. Conferencia
Xaquín Núñez Sabarís

Os crimes de Pardo Bazán e a narrativa galega de hoxe. Mesa redonda
Pedro Feijoo
Inma López Silva
Ana Viéitez

Intervención musical
Mario Diz

Coordina e conduce
María López-Sández


Programa organizado co apoio económico da Xunta de Galicia e o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.