Doazón de O Facho á Academia

O acordo inclúe a doazón á Academia de milleiros de pezas documentais e bibliográficas que recollen o labor desta agrupación en defensa da lingua e cultura galegas.
Imaxe das directivas de O Facho e a Academia xuntas
Membros de O Facho e a Academia tras a sinatura da doazón


"Cincuenta anos despois, seguimos os dous no mesmo bando", con estas palabras resumiu o presidente da Academia, Méndez Ferrín, a súa traxectoria e a de Xosé Luís Rodríguez Pardo, presidente da Agrupación Cultural O Facho. Para Méndez Ferrín, a Agrupación Cultural O Facho foi, xunto con outras, o acubillo de todos os galeguistas e demócratas no tempo da Ditadura, "o asociacionismo cultural supuxo, naquel tempo, un xeito de ir introducindo o activismo político cando aínda estaba prohibido, o xermolo de moitas vontades que despois nos comprometemos na mesma causa ".

Pola súa parte, Xosé Luís Rodríguez Pardo, presidente de O Facho felicitouse pola posta a disposición do público dos fondos d´O Facho doados á Academia e sinalou, "a Academia está a desenvolver hoxe un traballo real en defensa da lingua, que é o cerne da nosa identidade".