O certame terá un premio único de 3000 euros que distinguirá o mellor texto cun mínimo de 15 versos e un máximo de 90. As bases poden consultarse nesta ligazón. A resolución do xurado darase a coñecer na gala da entrega do premio, que terá lugar no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras. Tamén se recoñecerán tres finalistas.
Convocado o IV Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán
O proxecto As Letras de Florencio presentou no Concello de Vilamartín de Valdeorras as bases do IV Concurso de Poesía Florencio Delgado Gurriarán, creado para promover a creación literaria e reivindicar a figura do poeta de Córgomo, ao que a Real Academia Galega lle dedicou este ano o Día das Letras Galegas. O prazo para presentar as obras permanece aberto ata o 29 de setembro.