Xesús Ferro participou no acto canda o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; a alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz; o director do colexio da Ramallosa, Rafael Vilar; e o coordinador do seu equipo de dinamización lingüística, Óscar Suárez. A celebración contou con varias actuacións musicais dos Gaiteiros Ramalloseir@s e a Ukeband da Gramola Gominola.
A VI edición de '21 días co galego' chega a case 4.600 persoas
O académico Xesús Ferro Ruibal participou este martes no CEIP da Ramallosa (Teo) na clausura da última edición do programa de dinamización lingüística '21 días co galego', que por primeira vez se desenvolveu nas etapas de infantil e primaria. A sexta convocatoria desta iniciativa contou coa participación de preto de 4.600 persoas de dez centros educativos de Galicia.