
O presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, asinaron hoxe o convenio polo que a institución provincial renova o seu apoio á RAG.
Entre outras iniciativas, a achega económica da institución provincial deste ano permitiu organizar a xornada sobre o Festival de Ortigueira do ciclo A invención da tradición e unha nova edición do proxecto para o público infantil Primavera das Letras, ou a publicación do último Boletín da Real Academia Galega. A axuda da Deputación da Coruña tamén foi parte do financiamento dos Cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras” e do documental Begoña Caamaño, navegar no pracer do azul.


