A Real Academia Galega sumouse á conmemoración do Día de Rosalía, ocasión para lembrar a vixencia da autora fundacional das letras galegas contemporáneas. O presidente Víctor F. Freixanes participou no acto institucional organizado pola Fundación Rosalía Casa de Rosalía no Panteón de Galegas e Galegos Ilustres cunha intervención na que salientou o vínculo entre os Cantares gallegos de quen foi, en 1963, primeira protagonista do Día das Letras Galegas e as cantareiras, ás que lles dedica o vindeiro 17 de maio.
A secretaria da Academia, Margarita Ledo Andión, representou a institución no celebración da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, que tivo lugar tamén en San Domingos de Bonaval, na véspera do Día da Rosalía.
