Xaquín Loredo, técnico do Seminario de Sociolingüística da RAG, participou nunha das mesas redondas cunha contribución arredor das actitudes cara ao galego e os desafíos para unha educación transformadora; e a técnica de comunicación Iolanda Fernández Casal presentou as principais propostas da Academia dirixidas ao público infantil e xuvenil.
Organizado polas profesoras Mercedes González, Alicia Sentí e Zaira González, xunto co director da Árena de Normalización Lingüística da UVigo, Benigno Fernández Salgado, o programa acubillou un conxunto de mesas de debate e actividades baixo o lema Dereitos e deberes: por unha reivindicación do galego no ensino.Na apertura da xornada participaron a vicerreitora de Extensión Universitaria, Susana Reboreda, e o vicedecano do centro, Uxío Pérez. Unha serie de actividades lúdicas e un concurso dirixido ao alumnado de Ciencias da Educación puxéronlle o ramo á cita.


