Xosé Carro Otero. Fonte: El Correo Gallego
Xosé Carro Otero era catedrático de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela e especialista en anatomía, antropoloxía física e historia da Medicina, e tamén profundou na historia da arte, con contribucións relacionadas coa catedral de Santiago, e no terreo da arqueoloxía . Ao longo da súa carreira desenvolveu unha intensa actividade científica e institucional recoñecida con distintos premios e condecoracións.