A Real Academia Galega celebrará este venres, 20 de xuño, o pleno ordinario no que os académicos e académicas de número elixirán a figura á que lle dedicará o Día das Letras Galegas 2026. Na sesión someteranse a votación as catro candidaturas que se formalizaron: Enrique Labarta Pose (1863-1925), Miguel González Garcés (1916-1989), Antón Tovar (1921-2004) e Begoña Caamaño (1964-2014).
A sesión plenaria terá lugar no pazo municipal de María Pita (A Coruña). Ao termo da xuntanza, anunciarase a decisión adoptada.