Os libros de homenaxe a Álvaro Cunqueiro (edición de Xosé Filgueira Valverde), Ramón Otero Pedrayo (edición ao coidado de Carlos Casares ) ou Aquilino Iglesia Alvariño (por Antonio Fraguas); o catálogo da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán e diversos números dos Cadernos de Estudos da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, Alfredo de la Iglesia: o intelectual, o educador e o autor do primeiro manual de literatura galega para escolares de instituto (1919) e distintos números do Boletín da Real Academia Galega son algúns dos títulos que as persoas interesadas poderán recoller.
A RAG agasalla unha escolma de títulos propios Día da Biblioteca
Co gallo da celebración do Día da Biblioteca, a Real Academia Galega ofrecerá ao público como agasallo exemplares de vinte obras publicadas pola institución, relacionadas con autores aos que lles dedicou o Día das Letras Galegas, como Ramón Otero Pedrayo, Lorenzo Varela, Aquilino Iglesia Alvariño; Emilia Pardo Bazán, Sofía Casanova ou Antonio de la Iglesia. Os exemplares poderán recollerse o propio Día da Biblioteca, o luns 24 de outubro, no vestíbulo da Real Academia Galega (rúa Tabernas 11, A Coruña), en horario de 9:00 a 14:00 horas, ata a fin das existencias.