A AELG homenaxea a Euloxio R. Ruibal como 'O escritor na súa Terra'

A trixésima edición da homenaxe O/A escritor/a na súa Terra da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) recoñeceu a traxectoria do dramaturgo Euloxio R. Ruibal. O académico de número descubriu un monólito cun texto da súa autoría no parque de Galeras de Santiago de Compostela, a cidade onde reside. A conmemoración continuou no Teatro Principal cun acto no que a laudatio do escritor correu a cargo da crítica teatral e escritora Inma López Silva.

1/3

O escritor participou ademais na plantación dunha abeleira, a árbore que el mesmo elixiu, e pronunciou o discurso que pode lerse nesta ligazón no propio parque, onde tamén tomaron a palabra o presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias, e a alcaldesa de Santiago de Compostela, a académica correspondente Goretti Sanmartín.

 A xornada continuou no Teatro Principal cun acto no que a laudatio do homenaxeado correu a cargo da crítica teatral e escritora Inma López Silva. Á celebración sumáronse o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, e outros membros da institución.