Dicionario
Ver exemplos
Ver marcas expandidas
Busca preditiva
Axuda na busca avanzada
A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.
De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:
Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.
Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.
Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.
Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.
A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.
Resultados ()
Número de resultados máximo 500, refina a túa busca.
Non se atoparon resultados nesta busca.
Este termo non se encontra no dicionario.
Non existen sinónimos para esta palabra.
Prema aquí para volver á busca anterior.
vista substantivo feminino1 Sentido polo que se percibe a forma e mais a cor dos obxectos. Coa idade, a vista comeza a fallar. SINÓNIMO visión2 Os ollos como portadores deste sentido. Dirixir a vista cara ao teito. Ten a vista torcida. SINÓNIMO mirada3 Conxunto de cousas que se perciben visualmente desde o lugar onde un está situado. Desde o balcón ofrécese aos nosos ollos unha fermosa vista. SINÓNIMOS paisaxe, panorama4 Foto, debuxo, cadro etc., que representa unha paisaxe. Unha vista aérea de Santiago de Compostela.5 Calidade para percibir ou intuír cousas que outros non intúen. Que vista tivo! Fíxoche un bo negocio ao investir nesa empresa.6 Dereito Actuación na que se fai relación ante un tribunal dun xuízo ou incidente, para pronunciar sentenza, oíndo os defensores ou interesados que a ela concorran. Vai comezar a vista. FRASES E EXPRESIÓNS CON vista Apanarse a vista Perder por uns momentos a vista e o sentido do equilibrio. Deixádeme sentar, que se me apana a vista. SINÓNIMOS atrapazarse a vista, empanarse a vista, turbarse a vista, varrerse a vista, varrerse o mundo A primeira vista 1 Sen fixarse moito, sen reflexión. A primeira vista, pareceume que o traballo estaba bastante ben. SINÓNIMO a simple vista 2 Desde o primeiro momento. Amor a primeira vista. A simple vista A primeira vista. A simple vista non se lle notaban os defectos. Ata a vista Expresión coa que unha persoa se despide doutra ata un próximo encontro. Xa me vou, ata a vista. Atrapazarse a vista Apanarse a vista. Parade un pouco, que se me atrapaza a vista. Á vista Visible, de xeito que pode ser visto. Aquí non agochamos nada, está todo á vista. Á vista de 1 De maneira que pode ser visto por quen se expresa. Fíxoo á vista de todos. 2 En consideración a, en virtude de. Á vista do resultado, comunicareiche a miña decisión. Con vistas a Coa intención de. Adestra con vistas a ir ao campionato do mundo. Coñecer de vista Coñecer a alguén só de velo, sen terlle falado nunca. Coñezo de vista o candidato, pero non o tratei. Empanarse a vista Apanarse a vista. Coa calor e os nervios empanóuselle a vista. En vista de Tendo en conta. En vista do mal tempo aprazamos a viaxe. En vista de que Tendo presente que. En vista de que non viña, comezamos sen el. Facer a vista gorda Finxir que non se viu unha cousa. A proba non lle saíu ben, pero o xurado fixo a vista gorda. Non perder de vista 1 Vixiar con moita atención [algo ou alguén]. Non perdas de vista os nenos nin un momento. 2 Non esquecer, ter en conta. Non se pode perder de vista que el foi o fundador do partido. Perder de vista Deixar de ver, perder o contacto con. Henrique foi compañeiro noso, pero hai tempo que o perdemos de vista. Saltar á vista Ser evidente, tornarse claro. Salta á vista que é o mellor do equipo. Ser cousa nunca vista Ser unha cousa estraña, rara ou exótica. Os costumes que tiña na mesa para nós eran cousa nunca vista. Turbarse a vista Apanarse a vista. Turbóuselle a vista e esvaeceuse. Varrerse a vista Apanarse a vista. Sacádeo da sala, que parece que se lle varre a vista. visto (feminino: vista) participio1 Participio irregular do verbo ver. adxectivo2 Que o coñece ou usa moita xente. Este peiteado non o quere que está moi visto.3 Que xa se considerou ou xulgou. Todos os temas incluídos na orde do día quedaron vistos. FRASES E EXPRESIÓNS CON visto Estar ben visto Ter boa reputación, ser unha cousa conforme ás regras habituais de conduta. Esa familia está moi ben vista na vila. Estar mal visto Ter mala reputación, non ser unha cousa conforme ás regras habituais de conduta. Está mal visto comer coas mans. Polo visto Parece ser que. Polo visto el non tiña nada que ver co asunto. Visto e prace Fórmula pola que se manifesta que se está conforme con algo. O conselleiro deu o seu visto e prace.
Antes e despois de
Sobre o dicionario da Real Academia Galega
Este dicionario establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Aquí poderás atopar a ortografía normalizada de case 60.000 artigos lexicográficos e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua.
Actualizacións
O Seminario de Lexicografía da RAG actualiza de maneira continuada este dicionario para achegar un coñecemento máis preciso do léxico. As novas voces e modificacións pódense consultar na pestana de Actualizacións do menú superior.
Información
Escoita a pronuncia das palabras, consulta a conxugación de todos os verbos e descubre as características gramaticais de cada unha das entradas do dicionario (categoría, xénero, réxime verbal, fraseoloxía etc.)
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
González González, M. (dir.): Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/dicionario> [Consultado: <data>]
Conxugación do verbo: