Dicionario
Ver exemplos
Ver marcas expandidas
Busca preditiva
Axuda na busca avanzada
A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.
De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:
Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.
Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.
Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.
Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.
A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.
Resultados ()
Número de resultados máximo 500, refina a túa busca.
Non se atoparon resultados nesta busca.
Este termo non se encontra no dicionario.
Non existen sinónimos para esta palabra.
Prema aquí para volver á busca anterior.
vida1 substantivo feminino1 Conxunto de fenómenos biolóxicos (crecemento, reprodución etc.) que presentan os seres vivos. Os misterios da vida. Cal é a orixe da vida? Vida animal e vexetal.2 Feito de estar vivo, de existir. A vida é un don de infinito valor. Perdeu a vida no combate. Arriscou a vida por el. CONFRÓNTESE existencia3 Tempo que vai desde o nacemento ata a morte dun ser vivo e sucesión de fenómenos ou circunstancias que neste tempo teñen lugar. Pasou toda a vida traballando coma un escravo. Tivo unha vida breve. SINÓNIMO existencia4 por extensión Tempo que vai desde o xurdimento ata a desaparición dunha cousa ou tempo que dura o seu funcionamento. A vida dun coche é limitada. As modas teñen unha vida efémera.5 Maneira de vivir con relación ás circunstancias, condicións, carácter, ocupación, profesión etc. Levaba unha vida tranquila. A vida relixiosa. A vida militar. A vida agrícola. Vida sedentaria.6 Conxunto dos acontecementos máis importantes que lle suceden a unha persoa no curso da súa existencia. Contoume a súa vida. Está escribindo a vida dun famoso actor. CONFRÓNTESE biografía Gústalle ler as vidas dos santos.7 Medios materiais para asegurar a subsistencia. Traballa para gañar a vida. A vida está moi cara.8 Actividade dun organismo social. A vida da nación. A vida da universidade.9 Persoa, ser humano. Nesa guerra perdéronse moitas vidas.10 Vigor, vitalidade dunha persoa. Un neno cheo de vida.11 figurado Animación, movemento. É unha cidade con pouca vida nocturna.12 figurado Viveza, expresión dos ollos, da mirada. Uns ollos xa sen vida.13 figurado Animación dunha obra de arte. Unha escena, unha narración con moita vida. Este cadro ten vida. FRASES E EXPRESIÓNS CON vida Amargarlle a vida (a alguén) Aflixilo, causarlle desgusto, pena e desacougo. Buscou outro traballo porque lle estaban amargando a vida. A outra vida Aquela que existe para a alma despois da morte. A ver se na outra vida lle vai mellor ca nesta. SINÓNIMO a vida eterna A vida eterna A outra vida. Cre na vida eterna. Boa vida Vida ociosa e chea de comodidades. Que boa vida levas! Dar a vida Ser unha axuda, aliviar. Dáme a vida o empregado novo. Tal me deu a vida que chegases, do contrario non sei que ía facer. Dar a vida por Sacrificarse ou morrer por. Dedicáronlles o monumento aos que deron a vida pola patria. Dar mala vida Tratar mal. Apartouse do home porque lle daba mala vida. Dar vida Animar, dar vigor, ou dar expresión. A lámpada dálle vida ao cuarto. Enterrarse en vida Illarse, afastarse da convivencia do mundo. Entrou nunha depresión e enterrouse en vida. Entre a vida e a morte A piques de morrer, en perigo inminente de morte. O motorista accidentado está entre a vida e a morte. En vida Durante a vida, mentres existe ou existiu alguén. En vida de meu pai, traballabamos as leiras do monte. Facer pola vida Traballar moito, buscar os medios para vivir. Non tivo moita sorte, pero tampouco fai pola vida. Fe de vida VÉXASE fe Ganar a vida Conseguir os medios de subsistencia co traballo. Xa se independizou e xa gana a vida. Mala vida Maneira de vivir que vai contra a moral establecida. Dedícase á mala vida. Non dar sinal de vida 1 Estar ou semellar morto. Quedou tendido e non daba sinais de vida. 2 Non dar noticias de si, ou non aparecer por onde adoitaba andar. Non sei que é de Ana, non dá sinais de vida. Pasar a mellor vidaFalecer O pobre cadelo atropelouno un coche e pasou a mellor vida. Perder a vidaMorrer No ataque inimigo perderon a vida moitos soldados. Ser cuestión de vida ou morte propio e figurado Ser cousa da que depende a vida. Chegar a un oasis era cuestión de vida ou morte. Hai que enviar inmediatamente a mensaxe porque é unha cuestión de vida ou morte. Tren de vida VÉXASE tren Vida de can Vida infeliz, chea de traballos e de trastornos. Non merece esa vida de can que leva. Vida pública A relacionada co traballo dunha persoa pública. Sempre intentou separar a súa vida pública da privada. Xogar a vida Arriscala, poñela en grave perigo ou expoñerse á morte de maneira temeraria. Realiza unhas acrobacias nas que xoga a vida.
Antes e despois de
Sobre o dicionario da Real Academia Galega
Este dicionario establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Aquí poderás atopar a ortografía normalizada de case 60.000 artigos lexicográficos e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua.
Actualizacións
O Seminario de Lexicografía da RAG actualiza de maneira continuada este dicionario para achegar un coñecemento máis preciso do léxico. As novas voces e modificacións pódense consultar na pestana de Actualizacións do menú superior.
Información
Escoita a pronuncia das palabras, consulta a conxugación de todos os verbos e descubre as características gramaticais de cada unha das entradas do dicionario (categoría, xénero, réxime verbal, fraseoloxía etc.)
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
González González, M. (dir.): Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/dicionario> [Consultado: <data>]
Conxugación do verbo: