Dicionario
Ver exemplos
Ver marcas expandidas
Busca preditiva
Axuda na busca avanzada
A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.
De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:
Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.
Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.
Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.
Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.
A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.
Resultados ()
Número de resultados máximo 500, refina a túa busca.
Non se atoparon resultados nesta busca.
Este termo non se encontra no dicionario.
Non existen sinónimos para esta palabra.
Prema aquí para volver á busca anterior.
picar verbo transitivo1 Ferir superficialmente cun obxecto rematado en punta. Picou as pernas nos toxos. SINÓNIMO espiñar Picou o boi coa aguillada. CONFRÓNTESE aguilloar, tanguer, tanxer2 Cravar [algo] nun obxecto rematado en punta. Picou a carne no espeto para asala.3 Cravar un animal a [alguén] o ferrón, peteiro, aguillón, ou outro órgano. Picouno unha abella. Picoulle unha cóbrega nunha perna. Tamén absoluto Contra a noite pican máis os mosquitos.4 Cravar as esporas a [unha cabalaría]. Picou o cabalo e saíu ao galope. SINÓNIMO esporear5 Golpear [unha pedra, parede etc.] coa pica, o pico ou instrumento semellante, para desbastala, labrala etc. Sentouse no alboio e comezou a picar a pedra. Os albaneis picaron a pedra da lareira antes de asentala. CONFRÓNTESE apicoar Antes do mes de setembro picaban sempre a pedra do muíño.6 Cravar a [alguén] unha xiringa, con fins terapéuticos. Picárono nun xeonllo para extraerlle líquido. Levou o neno ao médico para que o picase.7 Dividir [algo] en anacos pequenos. Picou allo e cebola para facer un rustrido. SINÓNIMOS trillar, trinzar, triscar Durante o verán recolle e pica a leña para o inverno. SINÓNIMOS cortar, partir8 Facer un ou máis buratos en [un papel, tecido, ou outro material] cun obxecto rematado en punta. Pica co punzón a beira inferior do debuxo. CONFRÓNTESE perforar Enfadáronse con nós e picáronnos o balón. Durante a folga utilizaban subelas para picar as rodas dos autobuses.9 Facer un burato en [un billete] ou arrancar parte del para indicar que foi utilizado ou que non é válido. Un acomodador picaba os billetes ao subir ao autobús. SINÓNIMO obliterar10 Afuracar a couza ou a humidade [un tecido, papel, madeira]. A humidade picou a roupa do armario. A couza pica as trabes.11 Comer pequenas cantidades de [un ou varios alimentos]. Picamos un aperitivo antes de xantar. SINÓNIMO debicar Tamén absoluto Ponnos algo para picar co vermú. CONFRÓNTESE depenicar, petiscar12 Tomar as aves [a comida] co peteiro. As galiñas picaban no maínzo. O xílgaro picaba as follas da leituga.13 Causar carie en [un dente ou moa]. Non debes abusar dos doces, xa sabes que poden picar os dentes. SINÓNIMO cariar14 Golpear [a bóla] coa punta do taco, no xogo do billar. Na última xogada picou a bóla e perdeu a partida.15Cravuñar Poucas veces pode gozar un de ver picar unha gadaña.16 Copiar [un texto] cunha máquina de escribir ou cun ordenador. Para poder aplicar ese programa é necesario volver picar o texto.17 figurado Provocar [alguén] con palabras ou accións. Non o piques que logo se che anoxa.18 Morder un peixe [o cebo]. A troita picou a miñoca. Tamén absoluto Hoxe hai tronada, pican ben. verbo intransitivo19 [Parte do corpo] presentar proído. Pícanme os ollos co fume. SINÓNIMO proer20 [Cousa] producir proído a alguén. Di que lle pican os xerseis de la. SINÓNIMOS comer, proer21 [Alimento] producir sensación de ardor no padal ou na lingua. Ten unha caste de pementos que non pican.22 figurado Caer nun engano. Puxéronlle unha trampa pero non picou.23 [Algo aguzado] causar unha ferida superficial. Non lles toques ás follas dos cardos que pican.24 [Vehículo] sufrir unha picada nunha roda. O coche picoulles ao pouco de incorporarse á autoestrada.25 [Alguén] sufrir unha picada no vehículo en que vai. Picamos cando viñamos de volta. verbo pronominal26 Ferirse superficialmente cun obxecto rematado en punta. Picouse ao caer na silveira. Picouse co coitelo nunha man.27 [Tecido, papel, madeira] presentar un ou máis buratos pola acción da couza, da humidade etc. Moitos documentos que había no soto picáronse a causa da humidade.28 [Pneumático, globo ou calquera cousa que se pode inchar] perder o aire a consecuencia dunha picada. Picouse o globo. Picouse a roda de diante.29 coloquial Inxectar unha droga no corpo. Non me pico.30 [Mar] encresparse. Picouse o mar e as dornas volveron ao porto.31 [Alimento, especialmente o viño ou o leite] estragarse ou perderse. Picóuselle unha cuba de trinta moios. CONFRÓNTESE avinagrarse Picouse o leite coa calor.32 [Dente, moa] ter carie. Picóuselle unha moa. SINÓNIMO cariarse33 figurado Sentirse ofendido. Sempre se pica se o chaman polo alcume. /pc/verbos/picar.html
Antes e despois de
Sobre o dicionario da Real Academia Galega
Este dicionario establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Aquí poderás atopar a ortografía normalizada de case 60.000 artigos lexicográficos e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua.
Actualizacións
O Seminario de Lexicografía da RAG actualiza de maneira continuada este dicionario para achegar un coñecemento máis preciso do léxico. As novas voces e modificacións pódense consultar na pestana de Actualizacións do menú superior.
Información
Escoita a pronuncia das palabras, consulta a conxugación de todos os verbos e descubre as características gramaticais de cada unha das entradas do dicionario (categoría, xénero, réxime verbal, fraseoloxía etc.)
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
González González, M. (dir.): Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/dicionario> [Consultado: <data>]
Conxugación do verbo: